mércores, 29 de xaneiro de 2014

Envíos para Xano

Aquí poderás realizar as túas intervencións diarias só con dispor de conexión a internet. Evitas depender doutras ferramentas, manexar arquivos ou realizar entregas. Terás a seguridade de que lle chega ao/á profe directamente e a referencia do tempo que se solicita sempre presente.

Preme na pestana lateral (Enviar gravación) e sigue as indicacións: gravar e activar micro.
Cando remates, avanza para completar o proceso. Solicítaseche que indiques o teu nome para poder identificarte.
En todo caso, sempre podes volver atrás (Reset) para iniciar unha nova gravación. Emprega esa opción cando non esteas contento/a co resultado, non dupliques envíos.